Comité asesor

Comité asesor

Xa está constituído un Comité Asesor composto de persoas preeminentes, que pola súa traxectoria e representación teñen un recoñecido prestixio. Os seus membros están a estudar a documentación de traballo e achegarán a súa visión sobre as prioridades que deben orientar o desenvolvemento de Galicia nos vindeiros anos.

Así, este é un órgano encargado de estudar e formular as recomendacións sobre as necesidades e capacidades da Galicia da segunda década do século XXI

 

O comité asesor está conformado por:

ANTONIO ABRIL,
secretario xeral e do consello de administración
de Inditex, e presidente do Consello Social da
Universidade da Coruña

 

JOSÉ LUIS VÁZQUEZ,
foi director de Banca e Servizos Financeiros de
Arthur Andersen, e membro independente dos consellos
de Administración de Banco Pastor ou Inditex

 

ROSA GARCÍA PIÑEIRO,
foi elixida en febreiro de 2014 presidenta de Alcoa España.
É enxeñeira industrial e acaba de ser nomeada directora
global de Sustentabilidade de Alcoa

 

FRANCISCO PUGA,
presidente de Delta Vigo, compañía especializada en
enxeñería e deseño para sectores como automoción,
aeronáutica ou espacial

 

ROBERTO TOJEIRO,
presidente e conselleiro-delegado de Gadisa.
Presidente de Honor da Asociación Galega
da Empresa Familiar

 

MANUEL GOMEZ-FRANQUEIRA,
presidente do Grupo Coren. Asumiu a dirección
xeral do grupo en 1984 e dende 2011 ocupa a
presidencia do grupo

 

ÁNGEL PRADO,
enxeñeiro especialista en seguridade informática,
é responsable de seguridade da compañía
TIC Salesforce

 

JOSÉ MARÍA ARIAS,
presidente da Fundación Barrié de la Maza e do
Consello Social da Universidade de Santiago.
Presidente de APD-Zona Noroeste

 

     ANTÓN COSTAS,
     catedrático de Economía Aplicada da Universidad
     de Barcelona e presidente do Círculo
     de Economía

 

SANTIAGO LAGO,
catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e
director de Governance and Economics Research Network (GEN).
É director do Foro Económico de Galicia

 

LUIS CARAMÉS,
catedrático de Facenda Pública da
Universidade de Santiago de
Compostela

 

MICHAEL SCHNEIDER,
representante do ‘Land' de Sajonia-Anhalt
ante o Goberno Federal de
Alemaña

 

BENITA FERRERO-WALDNER,
excomisaria europea de Comercio,
de Asuntos Exteriores e
de Política Europea de Veciñanza

Abrimos o Plan Estratéxico a toda a cidadanía mediante a participación das principais entidades e colectivos en foros de debate e mesas especializadas.

Entre todos seremos quen de deseñar as prioridades da Galicia dos vindeiros anos e pór en marcha as medidas necesarias para ter unha comunidade con máis emprego, máis competitividade e máis benestar.