Seguimento e avaliación

Seguimento e avaliación

O Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, que garda coherencia coa Estratexia Europea 2020, conta cun sistema de seguimento e avaliación que lle permite valorar o grao de consecución dos obxectivos estratéxicos definidos, e medir o seu grao de eficacia e eficiencia.

O seguimento do PEG, que é un proceso continuo, xera datos sobre a súa execución, proporciona información sobre a aplicación dos instrumentos, actuacións e medidas, o que facilita a corrección das desviacións respecto dos obxectivos a conseguir co Plan. Así mesmo, achega información valiosa sobre a xestión do Plan e permite resumilo e sintetizalo, pero non repara nos seus efectos nin extrae conclusións.

A avaliación do PEG, que se constitúe nunha actividade mais  profunda e específica que o seguimento,  achega datos e información para a toma de decisións e permite mellorar a súa efectividade, utilidade e eficiencia. A súa finalidade é ser útil ás persoas que deseñan as estratexias do Plan, as políticas públicas asociadas e aos xestores das mesmas, ao tempo que se mostran evidencias á cidadanía dos logros que se teñan alcanzado coa intervención planificada.

Inclúe tamén unha variada gama de preguntas sobre as actuacións e o impacto do Plan que lle permite extraer conclusións.

 

DOCUMENTOS DE TRABALLO

Indicadores clave de produtividade para o seguimento e avaliación do PEG 2015-2020

 

Indicadores de resultado para o seguimento e avaliación do PEG 2015-2020